Experimentamos e descubrimos: a ciencia en acción 🔬
No segundo trimestre, no CLUB DE CIENCIAS profundizamos na experimentación, realizando actividades máis complexas e participativas. Puxemos a prueba as nosas ideas mediante experimentos donde la observación e a análise foron clave. Cada sesión foi unha oportunidade para aprender dos errores, mellorar as nosas hipóteses e comprender mellor os fenómenos científicos que nos rodean na vida cotiá. Aquí vos deixamos algúns dos experimentos realizados:
Experimento
5: Lámpada fluorescente
1. Botamos auga nun recipiente de vidro e
engadímoslle colorante de cor azul.
2. Colocamos o recipiente sobre unha lanterna.
3. Por enriba da mestura de auga con colorante
botamos pouco a pouco cúrcuma.
4. Observamos e podemos ver como se crea unha
lámpada fluorescente.
Experimento
6: Arcoiris de densidades
Que hai que facer?
1. Enchemos 6 vasos coa mesma cantidade de
auga e a cada un botámoslle o colorante dunha cor diferente.
2. No primeiro vaso non botamos azucre.; no
segundo vaso engadimos 1 cullerada de azucre e remexemos ben ata que se
disolva; no terceiro vaso engadimos 2 culleradas de azucre; no cuarto vaso engadimos
3 culleradas; no quinto vaso engadimos 4 culleradas; no sexto vaso engadimos 5
culleradas de azucre.
3. Vertemos lentamente os líquidos no vaso alto,
empezando polo que ten máis azucre e continuando cara ao que ten menos.
4. Hai que facelo moi amodo, utilizando unha
xiringa ou deixando caer o líquido pola parede do vaso para que as capas non se
mesturen.
5. Observarase un “arco da vella” de cores
formado por capas de distinta densidade.
Experimento 7: Descomposición de cores
1. Pintamos
con colorantes de diferentes cores varios discos de algodón.
2.
Colocamos o discos sobre unha capa de leite.
3.
Engadimos sobre o discos un pouco de xabón para lavalouza.
4. Observamos como as cores se van espraiando
polo líquido.
Comentarios
Publicar un comentario