Entradas

Ciencia en práctica: os nosos proxectos finais do Club de ciencias

Imagen
O terceiro trimestre estivo cheo de actividade no CLUB DE CIENCIAS , xa que realizamos moitos experimentos moi interesantes e divertidos. Puxemos en práctica todo o que aprendemos ao longo do ano, traballando en equipo e observando atentamente cada resultado. Cada experimento permitiunos descubrir cousas novas e gozar da ciencia dun xeito máis práctico e emocionante, rematando o trimestre con moitas experiencias interesantes. Agardamos que vos gusten! 💫 Experimento 8: Lentellas saltarinas 1. Enchemos un recimiente de vidro con auga. 2. Engadísmoslle lentellas ao recipiente con auga. 3. A continuación, ao mesmo recipiente botámoslle unha cullerada de bicarbonato e removemos ben para que se disolva. 4. Para rematar, engadimos o vinagre e observamos como as lentellas saltan dentro da auga.   Experimento 9: Vermes que se moven 1. Separamos as capas do papel de cociña e coa axuda dun lapis, enroscamos unha delas coma se fose un verme. 2. Decoramos con rotuladores ao g...

Experimentamos e descubrimos: a ciencia en acción 🔬

Imagen
No segundo trimestre, no CLUB DE CIENCIAS profundizamos na experimentación, realizando actividades máis complexas e participativas. Puxemos a prueba as nosas ideas mediante experimentos donde la observación e a análise foron clave. Cada sesión foi unha oportunidade para aprender dos errores, mellorar as nosas hipóteses e comprender mellor os fenómenos científicos que nos rodean na vida cotiá. Aquí vos deixamos algúns dos experimentos realizados: Experimento 5: Lámpada fluorescente Que hai que facer? 1. Botamos auga nun recipiente de vidro e engadímoslle colorante de cor azul. 2. Colocamos o recipiente sobre unha lanterna. 3. Por enriba da mestura de auga con colorante botamos pouco a pouco cúrcuma. 4. Observamos e podemos ver como se crea unha lámpada fluorescente.   Experimento 6: Arcoiris de densidades Que hai que facer? 1. Enchemos 6 vasos coa mesma cantidade de auga e a cada un botámoslle o colorante dunha cor diferente. 2. No primeiro vaso non botamos azucre.; no segundo vas...

Primeiros pasos no laboratorio: descubrindo a ciencia no noso club 🔬

Imagen
Durante o primeiro trimestre, o CLUB DE CIENCIAS deu os seus primeiros pasos como un espacio de exploración, curiosidade e traballo en equipo. A través de distintos experimentos sinxelos pero sorprendentes, aprendimos a observar, plantexar hipóteses e comprobar resultados como verdadeiras e verdadeiros científicos! A continuación vos deixamos algúns dos diferentes experimentos realizados: E xperimento 1: Copo de neve Que hai que facer? 1. Botamos un pouco de cola branca sobre unha superficie ríxida (cartolina, cartón...) 2. Botamos unha gota de colorante do color que máis nos guste. 3. Observamos como o colorante se vai espraiando pouco a pouco formando un copo. Experimento 2: Creamos pintura 3D Que hai que facer? 1. Mesturamos espuma de afeitar con cola branca, fariña e pintura da cor que máis nos guste. 2. Removemos ben para formar unha masa uniforme. 3. Repetimos o proceso coas cores que desexemos. 4. Pintamos libremente. Experimento 3: Movementos cun globo Que hai que facer? 1. Deb...

Experimentamos coa CIENCIA 🧪👩🏽‍🔬🧑🏽‍🔬

Imagen
Experimento 1: Facemos plastilina Que hai que facer? 1. Mesturamos fariña con sal. 2. Engadimos aceite e mesturando. 3. Engadimos auga e amasamos. 4. Engadimos colorante e seguimos amasando. Experimento 2: O globo que se infla só Que hai que facer? 1. Botamos vinagre nunha botella. 2. Enchemos un globo con 2 culleradas de bicarbonato. 3. Colocamos o globo na botella e vertemos. Experimento 3: Sopra arcoiris Que hai que facer? 1. Cortamos unha botella de plástico e quédate   coa parte en embudo. 2. Colocamos unha toalliña húmida e  atámola cunha goma. 3. Nun recipiente poñemos auga con xabón. 4. Con colorantes, pintamos deseños na toalliña. 5. Mollamos a toalliña na auga con xabón e sopramos pola botella. Experimento 4: Chuvia de cores Que hai que facer? 1. Botamos 150 ml de aceite. 2. Botamos 5 gotas de c...

XORNADA CIENTÍFICA NA COMPAÑÍA DE CIENCIA EN MOVEMENTO

Imagen
  Este Xoves  tivemos a sorte de desfrutar dunha xornada científica con ciencia en movemento na cal levamos a cabo diferentes tipos de experimentos. Deixamosvos algúns momentos vividos no día de hoxe! Esperamos que vos guste!

Experimento 6 : Extintor caseiro

Imagen
  Realizar un extintor caseiro para concienciar dos perigos do lume e como combatelo   Que hai que facer? 1.        Coloca 4 culleriñas de bicarbonato de sodio nunha servilleta, tapa e ata cun fío de maneira que quede ben suxeita. 2.       Agrega 5 culleres de vinagre e unha pequena cantidade de auga na botella. 3.       Sitúa a bolsiña de bicarbonato dentro da botella de maneira que colgue cunha parte do fío fora e que non estes en contacto co vinagre. 4.       Con plastilina ou unha cortiza tapa a boca da botella, colocando unha palliña polo medio 5.       Acende unha vela. 6.       Axita la botella, procurando tapar co dedo a boca da palliña. 7.       Seguidamente, quita o dedo e apunta coa palliña cara a vela acendida e verás como se apaga co líquido que sae do extintor. ...

Experimento 5 : O ovo que flota

Imagen
  Comprobar como cambia a densidade da auga mediante a adición de sal.   Que hai que facer? 1.        Encher dous vasos con auga. 2.       Engadir a un deles cinco culleres de sal e remover ata que se disolva. 3.       Introducir o ovo en cada un dos dous vasos e observar si se funde ou flota. 4.       No terceiro vaso, colocar o ovo, botar auga ata que o cubra e, por último e con 5.       coidado, botar a auga con sal. Observar onde queda flotando o ovo. pódese volver botar máis auga sen sal e a continuación botar de novo auga con sal para observar novamente o que sucede.