Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

Ciencia en práctica: os nosos proxectos finais do Club de ciencias

Imagen
O terceiro trimestre estivo cheo de actividade no CLUB DE CIENCIAS , xa que realizamos moitos experimentos moi interesantes e divertidos. Puxemos en práctica todo o que aprendemos ao longo do ano, traballando en equipo e observando atentamente cada resultado. Cada experimento permitiunos descubrir cousas novas e gozar da ciencia dun xeito máis práctico e emocionante, rematando o trimestre con moitas experiencias interesantes. Agardamos que vos gusten! 💫 Experimento 8: Lentellas saltarinas 1. Enchemos un recimiente de vidro con auga. 2. Engadísmoslle lentellas ao recipiente con auga. 3. A continuación, ao mesmo recipiente botámoslle unha cullerada de bicarbonato e removemos ben para que se disolva. 4. Para rematar, engadimos o vinagre e observamos como as lentellas saltan dentro da auga.   Experimento 9: Vermes que se moven 1. Separamos as capas do papel de cociña e coa axuda dun lapis, enroscamos unha delas coma se fose un verme. 2. Decoramos con rotuladores ao g...