Primeiros pasos no laboratorio: descubrindo a ciencia no noso club 🔬
Durante o primeiro trimestre, o CLUB DE CIENCIAS deu os seus primeiros pasos como un espacio de exploración, curiosidade e traballo en equipo. A través de distintos experimentos sinxelos pero sorprendentes, aprendimos a observar, plantexar hipóteses e comprobar resultados como verdadeiras e verdadeiros científicos! A continuación vos deixamos algúns dos diferentes experimentos realizados: E xperimento 1: Copo de neve Que hai que facer? 1. Botamos un pouco de cola branca sobre unha superficie ríxida (cartolina, cartón...) 2. Botamos unha gota de colorante do color que máis nos guste. 3. Observamos como o colorante se vai espraiando pouco a pouco formando un copo. Experimento 2: Creamos pintura 3D Que hai que facer? 1. Mesturamos espuma de afeitar con cola branca, fariña e pintura da cor que máis nos guste. 2. Removemos ben para formar unha masa uniforme. 3. Repetimos o proceso coas cores que desexemos. 4. Pintamos libremente. Experimento 3: Movementos cun globo Que hai que facer? 1. Deb...