Ciencia en práctica: os nosos proxectos finais do Club de ciencias
O terceiro trimestre estivo cheo de actividade no CLUB DE CIENCIAS, xa que realizamos moitos experimentos moi interesantes e divertidos. Puxemos en práctica todo o que aprendemos ao longo do ano, traballando en equipo e observando atentamente cada resultado. Cada experimento permitiunos descubrir cousas novas e gozar da ciencia dun xeito máis práctico e emocionante, rematando o trimestre con moitas experiencias interesantes. Agardamos que vos gusten! 💫
Experimento
8: Lentellas saltarinas
1. Enchemos
un recimiente de vidro con auga.
2.
Engadísmoslle lentellas ao recipiente con auga.
3. A
continuación, ao mesmo recipiente botámoslle unha cullerada de bicarbonato e
removemos ben para que se disolva.
4. Para
rematar, engadimos o vinagre e observamos como as lentellas saltan dentro da
auga.
Experimento
9: Vermes que se moven
2. Decoramos con rotuladores ao gusto.
3. Vertemos auga sobre os vermes de papel e
observamos como se moven.
Experimento
10: Torre de cores
2. A un recipiente con auga botámoslle
colorante azul e engadímolo con coidado ao por encima do recipiente que ten o
xabón.
3. A continuación, por encima da auga,
engadimos aceite.
4. Para rematar, engadimos un pouco de alcol.
5. Observamos que, debido ás densidades, todos
estes líquidos non se mesturan.
Experimento
11: Cromatografía
1. Recortamos papeis de filtro en forma de
círculo.
2. Debuxamos un círculo no medio e dobramos en
2 metades.
3. Nun paso engadimos un pouquiño de auga e metemos
a punta do papel de filtro.
4. Esperamos 10-20 minutos e observamos como a
cor inicial se foi descompoñendo en varias cores.
Experimento 12: Pintura con maicena
1. Nun bol, mesturamos media taza de auga
cunha taza de maicena.
2. Removemos ben ata que quede uniforme.
3. Vertemos o líquido en diferentes vasiños e
a cada un engadímoslle unha cor diferente.
4. Removemos ben e comezamos a pintar!
5. Unha vez seco, teremos un debuxo que parece
tiza pero sen que se borre.
Comentarios
Publicar un comentario