Primeiros pasos no laboratorio: descubrindo a ciencia no noso club 🔬

Durante o primeiro trimestre, o CLUB DE CIENCIAS deu os seus primeiros pasos como un espacio de exploración, curiosidade e traballo en equipo. A través de distintos experimentos sinxelos pero sorprendentes, aprendimos a observar, plantexar hipóteses e comprobar resultados como verdadeiras e verdadeiros científicos!

A continuación vos deixamos algúns dos diferentes experimentos realizados:

Experimento 1: Copo de neve

Que hai que facer?
1. Botamos un pouco de cola branca sobre unha superficie ríxida (cartolina, cartón...)
2. Botamos unha gota de colorante do color que máis nos guste.
3. Observamos como o colorante se vai espraiando pouco a pouco formando un copo.


Experimento 2: Creamos pintura 3D

Que hai que facer?
1. Mesturamos espuma de afeitar con cola branca, fariña e pintura da cor que máis nos guste.
2. Removemos ben para formar unha masa uniforme.
3. Repetimos o proceso coas cores que desexemos.
4. Pintamos libremente.



Experimento 3: Movementos cun globo

Que hai que facer?
1. Debuxamos nun anaco de papel hixiénico uns monigotes.
2. Pegámolos polos pes nunha cartolina.
3. Inflamos un globo.
4. Frotamos o globo contra o pelo ou contra unha camiseta.
5. Acercamos o globo aos recortes de papel e podemos observar que pola enerxía estática acumulada no globo os monigotes móvense.

Experimento 4: Rotura de xeo

Que hai que facer?

1. Botamos auga nun bol ata telo mediado e podemos engadirlle colorante azul para tratar que se pareza máis á auga do mar.

2. Engadimos polbos de talco por riba da auga, sen mesturar.

3. Mollamos un bastonciño en xabón para mans ou para lavalouza.

4. Introducimos o bastonciño no polbo de talco e observamos como este se separa coma se fose unha placa de xeo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Experimentamos coa CIENCIA 🧪👩🏽‍🔬🧑🏽‍🔬

Experimento 4 : Química para inflar un globo