Entradas

Experimento 3 : O ovo descalcificado

Imagen
  Conseguir descalcificar un ovo.   Que hai que facer? 1.        En primeiro lugar, enchemos un dos vasos con auga e o outro con vinagre 2.       A continuación, metemos un ovo no vaso de auga, e o outro, no vaso de vinagre. 3.       Despois, deixamos os ovos nos vasos durante 24 horas. 4.         Seguidamente, pasadas as 24 horas, sacamos os ovos dos vasos e veremos a diferencia entre os dos. Utilizaremos unha culler para sacar o ovo do vinagre porque resbalará. 5.       Finalmente, observamos que o ovo do vaso de auga segue igual. A cáscara do ovo do vaso de vinagre abrandouse e parece unha pelota de goma. Incluso bota se a lanzamos con coidado sobre unha superficie.    

Experimento 2 : Arte abstracto con leite

Imagen
  Un debuxo abstracto nun lenzo de leite.   Que hai que facer? 1. Vertemos leite nun prato fondo. 2. Engadimos unhas gotas de diferentes colorantes alimentarios no centro do prato. 3. Mollamos o bastoncillo no xel para lavar os pratos acercámolo á superficie do leite sen mesturar. 4. Fundimos o bastoncillo ata o fondo do prato e mantémolo así. 5. Mollamos outro bastoncillo co xel e a continuación tocamos diferentes zonas do colorante arredor do prato para ver se volve a dispersarse. 6. Observamos o que pasa en cada caso.    

Experimento 1 : Líquido ou sólido?

Imagen
  Conseguimos un sólido a partir dunha masa de aparencia líquida cando exercemos unha determinada presión.   Que hai que facer? 1. Botar medio paquete de fariña de millo nun recipiente. 2. Vamos engadindo un pouco de auga ao tempo que vamos mesturando con moita suavidade xa que ao ser un fluído no newtoniano, volverase sólido si mesturamos a auga e a fariña con forza. 3. Engadimos auga ata que consigamos unha mestura non moi espesa. 4. Deixamos repousar un bo rato. 5. Apoiamos unha culler e observamos como se vai fundindo. En cambio, se golpeamos a superficie coa culler, vemos como rebota. Podemos facer o mesmo coa man. Collemos un pouco de masa e   moldeámola como un sólido y logo deixamos que se escape entre os dedos.