Experimento 4 : Química para inflar un globo

Inflar un globo sen soprar Que hai que facer? 1. Primeiro introducimos o vinagre na botella de plástico e reservámola. 2. Despois, cunha culler agregamos o bicarbonato ao globo, axudándonos dun funil. 3. A continuación, sen que o bicarbonato se saia do globo, poñemos este arredor da boca da botella, ben metido para que non se escape o aire. 4. Una vez que estea ben colocado o globo, poñémolo en vertical, de maneira que o bicarbonato caia dentro da botella. 5. Ao entrar en contacto o bicarbonato co vinagre, a mestura explosiva fará a súa función: comezará a facer moitísima escuma e, de repente, o globo inflarase sen tocalo!